Novas

  • O Grupo de Acción Costeira pretende poñer en valor os atractivos da zona e crear dezaseis postos de traballo.

  • Dentro do ciclo de Xornadas de Medio Ambiente na Ría de Pontevedra, este venres 30 de setembro o Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra organiza unha Mesa Redonda sobre o futuro da Illa de Tambo á que asistirán representantes da administración autonómica, dos concellos de Marín e Poio e da Escola Naval de Marín. Como introducción á mesa o arquitecto Cesar Portela fará unha exposición do proxecto desenvolvido na Illa de SAn Simón.

  • Xornadas Medio ambientais
  • O 22 de Setembro levarase a cabo unha xornada de difusión e dinamización na Casa do Mar (Praza dos Mariñeiros, nº 2 ) Riveira, dirixido ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, así como a todas entidades e persoas que estean interesadas en asistir. O obxectivo destas xornadas de difusión e dar a coñecer o traballo realizado pola nosa agrupación, así como as posibilidades que estamos a brindar cara ao desenvolvemento e promoción de distintas iniciativas tanto produtivas coma non produtivas, xa que a convocatoria para a presentación de novos proxectos finalizará a finais do mes de Setembro.

  • O GAC 5 pertencente a zona da Ría de Arousa,  aprobou na súa derradeira convocatoria un total de 12 iniciativas novas a desenvolver na súa área de actuación, o cal terá unha repercusión directa sobre o territorio, xa que se prevé  un total de 48 postos de traballos novos e permitirá a consolidación de 43 empregos xa existentes. Ademais dita aprobación supón unha inversión dun total de 1.136.651,84 € procedentes de fondos públicos e privados destinados ao desenvolvemento social e produtivo do territorio do que estamos a falar. A subvención de dito orzamento total supón o mais do 50% de dito computo total, alcanzando os 579.571,24 €.

  • Publicación da modificación dos criterios de valoracion para presentar proxectos productivos e non produtivos no GAC-4; criterios que permiten darlle un maior peso tanto aos promotores procedentes do sector pesqueiro coma a creación de postos de traballo con persoas vinculadas ao mar e que foron incluidos na modificación do Plan Estratéxico Zonal (PEZ) aprobada pola Asemblea Xeral do GAC4 por unanimidade o 25 de marzo de 2011.
  • O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra organiza as Xornadas de Medio Ambiente na Ría de

  • O próximo 15 de Setembro realizarase unha xornada de difusión e dinamización en Vilagarcía de Arousa ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, así como a todas entidades e persoas que estean interesadas en asistir. O obxectivo destas xornadas de difusión e dar a coñecer o traballo realizado pola nosa agrupación, así como as posibilidades que estamos a brindar cara ao desenvolvemento e promoción de distintas iniciativas tanto produtivas coma non produtivas, xa que a convocatoria para a presentación de novos proxectos finalizará a finais do mes de Setembro.

  • O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" xunto coa Asociación de Empresarios de Sada e das Mariñas, promoven  as xornadas de exaltación dos produtos do Mar do Golfo Ártabro, os días 2,3,4 de Setembro na Carpa situada no Paseo Marítimo de Sada, detrás do Edificio da Terraza de Sada.