Novas

  • O pasado 13 e 14 de Agosto desenvolveuse en Rianxo a II Exaltación do Mexillón, onde leváronse a acabo un gran número de actividades relacionadas co prezado molusco. Destacou a degustación da paella xigante e o bolo preñado de 55 metros, a entrega de premios, así como a posibilidade de participar en rutas para coñecer a forma de cultivo do mexillón nas bateas.

  • O pasado 24 de Xullo celebrouse na lonxa de Aguiño en Ribeira, a Festa do Percebe, onde os asistentes puideron degustar o gran tesouro da nosa mar, o percebe. A degustación comezou as 12 horas, cun prezo por ración de 12 € na carpa instalada na lonxa para dita ocasión. Xunto co percebe púidose degustar outros pratos típicos como distintos tipos de empanadas, pan de millo, viños e toda clase de bebidas. Amenizando a xornada actuou o grupo musical Arume.

  • A Voz de Galicia na súa edición do 7 de Agosto de 2011 publica a seguinte noticia dos proxectos aprobados polo Gac Costa da Morte e o Gac Seo de Fisterra Ria de Muros e Noia.
  • A Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns recibe o premio de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales, que concede o Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino.

  • Aventuras marítimas, restaurantes e aloxamentos conforman a oferta desta iniciativa do GAC4.

  • A localidade coruñesa de Noia inaugurou oficialmente o pasado venres 29 de xullo o novo hotel “Casa Mar da Vila”, anticipando así en case seis meses as previsións de apertura para o ano 2012.

  • Os Grupos de Acción Costeira avanzan na diversificación das zonas de pesca intercambiando experiencias con outros grupos de Europa. A Consellería do Mar, a través dunha representante, e os xerentes dos Grupos de Acción Costeira participaron esta semana no quinto seminario transnacional para os Grupos de Acción Local de Pesca. O seminario Flag in business: promover a diversificación nas zonas de pesca foi organizado pola Comisión Europea en Polonia co apoio do Ministerio de Agricultura e Desenvolvemento Rural deste país, no marco da Presidencia polaca da UE.
  • A comercialización de novos produtos derivados do percebe e a concienciación da importancia da tradición da recollida de berberechos en Anllóns son os dous traballos seleccionados por este organismo europeo
  • A ría de Muros-Noia e a Costa da Morte deron onte un paso decisivo para a consolidación  como referente turístico mariñeiro, converténdose na primeira área xeográfica europea que ofrece unha imaxe de marca deste tipo. O produto Mar Galaica, desenvolvido durante os últimos 10 meses polo Grupo de Acción Costeira (GAC4), tivo a súa posta de longo nun acto celebrado en Santiago ao que non faltou a Conselleira Rosa Quintana.

  • Este xoves 30 de Xuño, realizouse en Cambados a presentación para os marisqueiros da flote, das liñas de subvención dos proxectos no programa axudas do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa (GAC). O obxectivo desta xornada foi sensibilizar a dito colectivo sobre as posibilidades que estas axudas lles brinda.