Novas

  • Dentro das actividades de promoción/dinamización do GAC1, un grupo de 22 persoas realizou unha visita de estudo ao Grupo de Desarrollo Pesquero de Cádiz-Estrecho, entre os días 20 e 24 de xuño. Os lugares visitados foron os seguintes: o día 21, visita a Barbate, onde se puido ver o Centro de Interpretación de Atún de Almadraba; ruta en barco para coñecer de cerca o litoral e a estrutura superficial das almadrabas; visita á empresa de salazóns, afumados e conservas HERPAC, onde se realizou o ronqueo dun atún. O día 22, visita a Tarifa, ao porto pesqueiro, lonxa e fábrica de xeo, onde o Secretario da Confraría lles amosou aos presentes o sistema de envasado e etiquetado nesta lonxa; posteriormente, levouse a cabo unha visita guiada ás Ruinas de Baelo Claudia en Bolonia (asentamento romano relacionado coa pesca e o comercio, especialmente coa salazón dos produtos do mar). O día 23, visita a Conil de la Frontera, onde o Secretario da Confraría de Pescadores e Presidente do Grupo de Desarrollo Pesquero (GDP) de Cádiz-Estrecho, lles amosou o porto pesqueiro, a lonxa co sistema de etiquetado e trazabilidade e as instalacións de acuicultura en alta mar. Nas distintas visitas, ademais de coñecer as actividades que se estan a desenvolver nesta zona andaluza, tamén houbo un intercambio de experiencias cos representantes das Confrarías de Pescadores integrantes do GAC1 A Mariña-Ortegal, sobre todo en temas de comercialización e etiquetado dos produtos pesqueiros. Os contactos establecidos poden servir de axuda para o desenvolvemento de futuros proxectos de cooperación entre os dous territorios. 

  • A área de influenza do Grupo de Acción Costeira Fisterra Ría de Muros-Noia (GAC4) converterase no primeiro destino turístico mariñeiro de Europa. Durante meses, o GAC4 traballou para ofrecer unha imaxe de marca e o resultado é Mar Galaica, cuxa posta de longo terá lugar o vindeiro xoves no hotel Quinta da Auga, en Santiago.

  • No ámbito de difusión das axudas do Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa (GAC), o vindeiro día 30 de Xuño, terá lugar ás 17.30 o obradoiro sobre o emprego de fondos europeos ás distintas agrupacións das confrarías de mariscadores a flote.

  • O presente anuncio ten como obxecto, a solicitude de propostas de formación das mariscadoras que lles permitan desenvolver visitas guiadas e atender os turistas, ao abeiro do eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, no ámbito territorial do Grupo de Acción Costeira, nº 3 “Costa da Morte”.

  • O presente anuncio ten como obxecto, a elaboración de material audiovisual de promoción do territorio, e en especial do sector do mar, no ámbito territorial do Grupo de Acción Costeira, nº 3 “Costa da Morte” (A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía).

  • Os Grupos de Acción Costeira Golfo Artabro, Costa da Morte, e Ría de Pontevedra visitaron entre o 24 e 28 de maio, ao Grupo de Desarrollo Pesquero de Cadiz- Estrecho, esta visita de estudio, se enmarca dentro das actividades de sensibilización e formación dos Grupos. 

  • A directiva do Grupo de Acción Costeira, Seo Fisterra Ría de Muros e Noia, GAC4, fixo públicos, o pasado venres en Muros, os resultados dun estudo de viabilidade para a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros na zona de influenza desta entidade. Responsables da empresa Marquez & Asociados, redactora do proxecto, presentaron, ante máis de medio centenar de armadores de barcos de pesca da zona, os resultados do traballo.

  • O presente anuncio ten como obxecto,  a realización dun concurso de ideas para a elaboración dun proxecto que desenvolva e implante un sistema enfocado cara o final da cadea, o canal detallista, reducindo a intermediación no proceso de comercialización, e que mellore as posibilidades de comercialización de produtos pesqueiros, ao abeiro do eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, no ámbito territorial do Grupo de Acción Costeira, nº 3 “Costa da Morte”.

  • Hoxe a Consellería do Mar publicou a orde do 29 de abril de 2011 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2011 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).
  • Presentación comentada na xuntaza do pasado mes de Abril que tivo lugar en Bruselas sobre cómo mellorar o impacto das intervencións da Unión Europea nas zonas de pesca (nivel local).